viernes, 16 de noviembre de 2012

Mapa de Ubicacion de los Distintos Programas de Intervención Familiar


Ver intervencion en un mapa más grande

Programas para Educación Familiar

Son programas que pretenden detectar e anticiparse ás situacións de dificultade social, dándolle ás familias as competencias necesarias que favorezan un axeitado exercicio das funcións familiares.Contemplan actuacións diversas como a educación para a saúde e afectivo-sexual, o acompañamento e orientación cara o emprego...etc. Os seus obxectivos son: A intervención social individualizada de caracter integral en núcleos failiares. Ter un caracter integral e así establecer unha diagnose individual de cada núcleo familiar. Ter un caracter continuado para levar a cabo os obxectivos propostos. Establecer mecanismos de coordinación para garantir o caracter integral da intervención social. Fomentar a participación da cidadanía. Este servizo o levan a cabo o persoal especializado no traballo con familias e equipos técnicos de Tecendo Redes. Para saber máis: http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=12

Programas de Mediación Familiar

Procedemento de resolución de conflictos mediante a axuda dunha persoa profesional especializada no tema psico-socio-familiar que trata de axudar ás persoas que son ou que foran parella para chegar a un acordo mutuo. OBXECTIVOS: Posibilitar unha separación o menos conflictiva posible. Axudar a solución das discrepancias mediante a toma de decisións máis axeitadas. Conseguir acordos duradeiros. As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude de designación da mediación familiar (Decreto 159/2003 do 31 de Xaneiro)xunto ca documentación precisa,e deberán facelo de xeito conxunto ou unha das partes, e poderan elexir a persoa mediadora sempre e cando este inscrita no rexistro de mediadores e mediadoras familiares de Galicia. Este programa complementase cunha liña de axudas económicas chamada Mediagal. Os requisitos deste procedemento son: Residir en Galicia. Que iniciasen ou solicitasen a iniciación desde programa levado a cabo por algunha das persoas rexistradas no Rexistro de Mediadoras e mediadores familiares de galicia. Para saber máis: http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=3 http://www.seduquere.com/espanol/web/centrosdemediacionyorientacionfamiliar1054/espana/acoruna/verrecursosprov.asp

Residencia Tiempo Libre

Complexos residenciais destinados ó gozo e o lecer das familias dependentes da Consellería de Traballo e benestar situadas en Pontevedra,Ourense no período estival(xullo, agosto e a primeira quincena de setembro). PODEN SOLICITADAS POR: Persoas maiores de idade ou menores acompañado polos seus proxenitores ou representantes legais que teñan a súa residencia no Estado Español. Galegas e galegos residentes no exterior. O sorteo das prazas efectuase por sorteo que será público. Estas residencias OFERTAN: Servizo de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa. Servizo para non residentes: servizo de comedor para amigo/as ou familiares dos residentes. Para saber máis: http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=9

Programas de Atención ás familias monoparentais

Son servizos que se levan acabo para apoiar as familias compostas por unha unica persoa proxenitora con fillos/as menores o seu cargo,establecendo unhas accións especificas para levar unha serie de obsectivos que son: Potenciar a autonomía das familias. Axudar a crianza dos nenos/as. Favorecer a incorporación dunha persoa especializada para posibilitarlle a asistencia a actividades de formación laboral así como posibilitar o autoemprego. Facilitar queestos proxenitores participen na igualdade de oportunidades. Prever situacións de risco social. ESTANCIAS DE TIEMPO LIBRE PARA NAIS SOAS. Son estancias gratuitas para mulleres con fillos/as con responsabilidades non compartidas e con baixos ingresos. O seu obxectivo é facilitar un espazo para compartir entre elas e os seus fillos/as. Para saber máis: http://igualdade.xunta.es/

Espazos Familiares

Iniciativa catalana dirixida as familias con menores de 3 anos ca que se pretende ofertar un lugar para os menores onde oidan commpartir tempo cos seus pais e outros nenos/as facendo actividades de feito informal ou a través da súa programación. para saber máis: http://w110.bcn.cat/portal/site/Infancia/menuitem.eb1d5c7204c5d49fb552b552a2ef8a0c/?vgnextoid=4468a5adb84f9210VgnVCM10000074fea8c0RCRD&vgnextchannel=4468a5adb84f9210VgnVCM10000074fea8c0RCRD&lang=es_ES http://criarhoy.blogspot.com.es/2008/11/los-espacios-familiares-de-la-pequea.html

Servizo de Canguros

Definese como un programa que esta destinado a conciliar a vida laborar e persoal,máis concretamente para as persoas adultas que non poden coidar dos seus fillos debido a que traballan e non teñen quen poidar coidar de eles. En Europa ten unha regulación diferente da do noso país,en España este tipo de servizo non esta regulado polo que normalmente o levan a cabo perosas sen cualificación e asociado á realización doutras tarefas domésticas. No noso país teñense levado a cabo iniciativas diferentes dende administracións tanto locais como autonómicas. Información: http://www.blogger.com/profile/10271796216640278537