viernes, 16 de noviembre de 2012

Mapa de Ubicacion de los Distintos Programas de Intervención Familiar


Ver intervencion en un mapa más grande

Programas para Educación Familiar

Son programas que pretenden detectar e anticiparse ás situacións de dificultade social, dándolle ás familias as competencias necesarias que favorezan un axeitado exercicio das funcións familiares.Contemplan actuacións diversas como a educación para a saúde e afectivo-sexual, o acompañamento e orientación cara o emprego...etc. Os seus obxectivos son: A intervención social individualizada de caracter integral en núcleos failiares. Ter un caracter integral e así establecer unha diagnose individual de cada núcleo familiar. Ter un caracter continuado para levar a cabo os obxectivos propostos. Establecer mecanismos de coordinación para garantir o caracter integral da intervención social. Fomentar a participación da cidadanía. Este servizo o levan a cabo o persoal especializado no traballo con familias e equipos técnicos de Tecendo Redes. Para saber máis: http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=12

Programas de Mediación Familiar

Procedemento de resolución de conflictos mediante a axuda dunha persoa profesional especializada no tema psico-socio-familiar que trata de axudar ás persoas que son ou que foran parella para chegar a un acordo mutuo. OBXECTIVOS: Posibilitar unha separación o menos conflictiva posible. Axudar a solución das discrepancias mediante a toma de decisións máis axeitadas. Conseguir acordos duradeiros. As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude de designación da mediación familiar (Decreto 159/2003 do 31 de Xaneiro)xunto ca documentación precisa,e deberán facelo de xeito conxunto ou unha das partes, e poderan elexir a persoa mediadora sempre e cando este inscrita no rexistro de mediadores e mediadoras familiares de Galicia. Este programa complementase cunha liña de axudas económicas chamada Mediagal. Os requisitos deste procedemento son: Residir en Galicia. Que iniciasen ou solicitasen a iniciación desde programa levado a cabo por algunha das persoas rexistradas no Rexistro de Mediadoras e mediadores familiares de galicia. Para saber máis: http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=3 http://www.seduquere.com/espanol/web/centrosdemediacionyorientacionfamiliar1054/espana/acoruna/verrecursosprov.asp

Residencia Tiempo Libre

Complexos residenciais destinados ó gozo e o lecer das familias dependentes da Consellería de Traballo e benestar situadas en Pontevedra,Ourense no período estival(xullo, agosto e a primeira quincena de setembro). PODEN SOLICITADAS POR: Persoas maiores de idade ou menores acompañado polos seus proxenitores ou representantes legais que teñan a súa residencia no Estado Español. Galegas e galegos residentes no exterior. O sorteo das prazas efectuase por sorteo que será público. Estas residencias OFERTAN: Servizo de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa. Servizo para non residentes: servizo de comedor para amigo/as ou familiares dos residentes. Para saber máis: http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=9

Programas de Atención ás familias monoparentais

Son servizos que se levan acabo para apoiar as familias compostas por unha unica persoa proxenitora con fillos/as menores o seu cargo,establecendo unhas accións especificas para levar unha serie de obsectivos que son: Potenciar a autonomía das familias. Axudar a crianza dos nenos/as. Favorecer a incorporación dunha persoa especializada para posibilitarlle a asistencia a actividades de formación laboral así como posibilitar o autoemprego. Facilitar queestos proxenitores participen na igualdade de oportunidades. Prever situacións de risco social. ESTANCIAS DE TIEMPO LIBRE PARA NAIS SOAS. Son estancias gratuitas para mulleres con fillos/as con responsabilidades non compartidas e con baixos ingresos. O seu obxectivo é facilitar un espazo para compartir entre elas e os seus fillos/as. Para saber máis: http://igualdade.xunta.es/

Espazos Familiares

Iniciativa catalana dirixida as familias con menores de 3 anos ca que se pretende ofertar un lugar para os menores onde oidan commpartir tempo cos seus pais e outros nenos/as facendo actividades de feito informal ou a través da súa programación. para saber máis: http://w110.bcn.cat/portal/site/Infancia/menuitem.eb1d5c7204c5d49fb552b552a2ef8a0c/?vgnextoid=4468a5adb84f9210VgnVCM10000074fea8c0RCRD&vgnextchannel=4468a5adb84f9210VgnVCM10000074fea8c0RCRD&lang=es_ES http://criarhoy.blogspot.com.es/2008/11/los-espacios-familiares-de-la-pequea.html

Servizo de Canguros

Definese como un programa que esta destinado a conciliar a vida laborar e persoal,máis concretamente para as persoas adultas que non poden coidar dos seus fillos debido a que traballan e non teñen quen poidar coidar de eles. En Europa ten unha regulación diferente da do noso país,en España este tipo de servizo non esta regulado polo que normalmente o levan a cabo perosas sen cualificación e asociado á realización doutras tarefas domésticas. No noso país teñense levado a cabo iniciativas diferentes dende administracións tanto locais como autonómicas. Información: http://www.blogger.com/profile/10271796216640278537

Oficina de Igualdade e Benestar.

Son oficinas situadas en diferentes localidades de Galiza dende as que se ofertan os servizos e programas que desenvolve o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sedes dos equipos de Igualdade, de Inclusión e do Plan da Infancia e da Adolescencia. Dende elas traballase a prol da dinamización da igualdade de xénero no territorio, así como en favor da inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos e no apoio á educación familiar a través do programa Tecendo Redes. AS SÚAS FUNCIÓNS SON: Impulsar o tecido dunha rede galege para a educación familiar. Favorecer o desenvolvemento dunha identidade profesional que unifique os perfís, funcións e competencias do persoal que desenvolve o programa. Visibilizar as políticas públicas de apoio ás familias e as boas prácticas desenvolvidas no programa. Sensibilizar á comunidade antes as diversas realidades familiares,principalmente das situacións de dificultade social e potenciar o compromiso e a solidariedade social. Facilitar procesos encamiñados a dar respostas integrais e integradoras ás realidades familiares dende os diferentes servizos. promover unha cobertura homoxénea e integral dos servizos públicos de apoio ás familias. Para máis información: http://www.igualdadebenestar.org/

Punto de Encontro Familiar

Recursos para failitar o cumprimento do réxime de visitas e favorecer o dereito dos nenos/as a relacionarse con ambos proxenitores e as súas familias. O primeiro punto de encontro de Galicia creouse en 1999 en Vigo. En 2000 crearonse en Ourense e A Coruña. O primeiro punto de encontro do Estado creouse en Valladolid en 1994. Cumpren a función en caso de divorcio, separación e en situacións onde a convivencia vese interrumpida. Estes centros poden depende de Administracións públicas ou entidades privadas. TIPO DE INTERVENCIÓN QUE REALIZAN: Intercambio de menores. Visitas tuteladas. Visitas sen supervisión. Desenvolvemento dun programa psicosocioeducativo individualizado. Orientación e asesoramento das familias. PARA SABER MÁIS: http://www.fegapef.org/ Información sobre os puntos de encontro do Goberno da Rioxa. Información sobre os puntos de encontro da Revista Consumer.

martes, 13 de noviembre de 2012

GABINETE DE ORIENTACION FAMILIAR.

Son un recurso especializado no apoio e na promoción da calidade de vida das persoas e das familias, e na atención e prevención das diferentes situacións problemáticas que se poidan dar no ámbito da convivencia cotiá. AS SÚAS FUNCIONS SON: Informar e asesorar tecnicamente ás persoas. Proporcionarl´les ás familias o acceso ós recursos necesarios e axeitados. Dotar ás persoas e ás familiar das habilidades necesarias para poder solucionar os seus problemas, así como as súas necesidades e as súas dificultades. Evitar a instrumentalización dos nenos e das nenas ante situacións de conflictivade. Reestablecer ou/e mellorar as relacións dos pais cos fillos así como a súa comunicación. Potenciar o uso da mediación familiar como solución de conflictos e como intermediario para chegar a acordos mutuos. Este tipo de programa esta dirixido ás persoas que pensan que existe algún tipo de conflicto dentro do seu circulo familiar.