viernes, 16 de noviembre de 2012

Oficina de Igualdade e Benestar.

Son oficinas situadas en diferentes localidades de Galiza dende as que se ofertan os servizos e programas que desenvolve o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sedes dos equipos de Igualdade, de Inclusión e do Plan da Infancia e da Adolescencia. Dende elas traballase a prol da dinamización da igualdade de xénero no territorio, así como en favor da inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos e no apoio á educación familiar a través do programa Tecendo Redes. AS SÚAS FUNCIÓNS SON: Impulsar o tecido dunha rede galege para a educación familiar. Favorecer o desenvolvemento dunha identidade profesional que unifique os perfís, funcións e competencias do persoal que desenvolve o programa. Visibilizar as políticas públicas de apoio ás familias e as boas prácticas desenvolvidas no programa. Sensibilizar á comunidade antes as diversas realidades familiares,principalmente das situacións de dificultade social e potenciar o compromiso e a solidariedade social. Facilitar procesos encamiñados a dar respostas integrais e integradoras ás realidades familiares dende os diferentes servizos. promover unha cobertura homoxénea e integral dos servizos públicos de apoio ás familias. Para máis información: http://www.igualdadebenestar.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario